
22 Set Renovar a educación para a cidadanía global
Artigo: EN TEMPOS DE NOVOS DESAFÍOS… RENOVAR A EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL – Luz Elena Patarroyo López
Con este texto, Luz Elena Patarroyo expón os dous conceptos chave nos que se basea a Rede Transforma de InteRed: a Cidadanía Global e a Educación Transformadora.
Apela á necesidade de xerar consciencia sobre a interdependencia que como sociedade local e global temos. O sistema actual crea e aumenta as desigualdades sociais, culturais e políticas, xerando discriminacións en moitas dimensións. Para rachar con este sistema discriminatorio, avoga por unha Educación Transformadora que permita ao alumnado ter un pensamento crítico, interdisciplinar e integrador do humano para pór a vida no centro, non como as lóxicas do mercado neoliberais.